PRESENTACIÓN DA NOVA PÁXINA WEB!!!

Venres, 23 de Xaneiro de 2015

 O Padroado da Cultura no seu afán por mellorar os servizos que presta á cidadanía presenta hoxe a súa nova Páxina Web. Pretende ser un punto de encontro entre a cidadanía e a administración que faga máis doádos tódolos trámites dependentes do Padroado da Cultura, así como, axilizar o contacto coa administración local na área de Cultura. Dende o Padroado da Cultura do Concello de Narón traballamos para tender pontes que permitan a tódolos habitantes do Concello ser participes da súa vida cultural. 

Lembrámosvos que durante un tempo estamos en fase de probas, e que algúns contidos serán modificados en breve, para que teñades toda a información cultural de Narón o máis actualizada posible. Tamén podedes seguirnos nos nosos perfís de Twitter e Facebook.

Rogamos desculpedes os posibles erros que poidamos cometer neste fase de inicio e estamos abertos ás vosas suxestións.

Como sempre, Narón é Cultura!