PREMIOS MARÍA CASARES 2019

Venres, 22 de Marzo de 2019

Galardonados varios espectáculos que se representarán no Pazo da Cultura de Narón próximamente.

D2NNcfaX4AA1xll.jpg

Noraboa a Iria Pinheiro polo premio a mellor actriz protagonista por Anatomía dunha serea , que ademáis ten tamén o premio ao texto orixinal, obra de Iria Pinheiro e María Lado.

Esta obra representarase o vindeiro venres 29 de marzo ás 20.30h no Pazo da Cultura de Narón.

Parabéns tamén a Contraproduccións por gañar o Premio María Casares 2019 ao mellor espectáculo, mellor actor secundario a Marcos Orsi e mellor vestiario de Suso Montero.

Estarán no Pazo da Cultura de Narón o próximo 18 de maio.