OS MAIOS DE NARÓN CUMPREN 20 ANOS

Martes, 2 de Maio de 2017

O vindeiro 6 de maio celebraranse na Praza de Galicia no Alto do Castiñeiro

grande .jpg

Os Maios de Narón que se celebraron sempre da man da Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros, cumpren este sábado vinte anos, dende que o Concello de Narón e a propia Entidade Cultural decidiran realizalos de xeito conxunto dentro do programa de Cooperativas de Traballo Comunitario. A partir do ano 2008 foi o Padroado da Cultura o encargado da súa organización mantendo a estreita colaboración coa Sociedade Cultural Areosa.

Este sábado 6 de maio, e para celebrar esta data tan sinala o Maios de Narón recuperan a súa ubicación na Praza de Galicia do Alto do Castiñeiro onde se desenvolverá o seguinte programa de actos:

Sábado 6 de Maios:

10:00 h. Elaboración da Alfombra Floral Comunitaria na Praza de Galicia. A participación é aberta e de balde, podendo paricipar todas as persoas que queiran.

16:30 h. : Concentración dos Maios.

17:00 h.: Inicio da Comitiva dos Maios ata dende Piñeiros ata a Praza de Galicia.

18:00 h.: Recepción dos Maios na Praza de Galicia.

18:00 h.: Programa de Actos:

            Música tradicional

            Realización do Mosaico Floral

            Mostra de Maios dos centros escolares