O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES - TEATRO DO ATLÁNTICO

Luns, 16 de Febreiro de 2015

Estamos de estrea no Pazo da Cultura!!!!

convite_PREVIO_Atlántico_Arquímedes_baixa.jpg

Este venres 20 ás 20:30 e o sábado 21 de febreiro ás 20:00 horas, Teatro do Atlántico nos presenta o seu novo traballo "O Principio de Arquímides" 

Obra de Josep María Miró e adaptación de Alfonso Becerra.

Cóntanos a historia dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita, provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada , medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade.