O CRÉDITO - EME 2 EMOCION&ARTE

Luns, 2 de Marzo de 2015

Venres, 6 ás 20:30 e sábado, 7 ás 20:00 horas

Chega a Narón "O crédito" cun elenco de luxo: Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso

 

Slide_ocredito.jpg

O crédito estrouse en Madrid e Barcelona, onde leva máis de 12 meses seguidos en cartel con fantásticas críticas e cheo total nas súas funcións. Agora percorre os teatro galegos da man de estes dous referentes da escea galega.

 
Antonio Duran 
'Morris'
Unha das maiores figuras artísticas de Galicia grazas aos seus papeis en series como Pratos Combinados ou Padre Casares, Morris comeza este 2015 en estado de graza audiovisual, con dúas películas nas principais carteleiras comerciais do país: A Esmorga e Os Fenómenos e un papel fundamental na miniserie O Códice, da TVG. O Crédito recupera para as táboas a un dos piares actorais do teatro galego e faino, ademáis, co equipo co que xa traballara no Florido pénsil. 

 

Pedro Alonso
 
É un dos actores máis prestixiados da xeración dos 70. Desenvolveu a súa formación fóra de Galicia o que lle deu a posibilidade de traballar en todo o Estado. O gran recoñecemento do público veulle dado polo seu papel na serie Padre Casares e continúa recollendo éxitos coa súa interpretación en Gran Hotel. Os seus últimos traballos no teatro foron en Los justos de Camus e en Por amor al arte dirixida por Gerardo Vera.

http://padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/o-cr%C3%A9dito-eme-2-...