Novo pase dos Monólogos Interruptus!

Martes, 11 de Setembro de 2018

Dado o éxito alcanzado, a compañía Etiqueta Negra, que traerá o vindeiro 1 de novembro o espectáculo Monólogos Interruptus ao Pazo da Cultura, pon á venda outro pase, na mesma data , pero ás 18.00 horas.

Estará dispoñible dende xa pola pasarela web do Padroado, ou na billeteira a partires das 9.30 de mañán mércores 12 de setembro.

Bulide a mercar as vosas localidades!!

+ info 981 102 897.

monologos_interruptus.png