Novo espectáculo á venta!

Luns, 24 de Abril de 2017

- Sábado, 21 de outubro ás 20h., enriba do escenario do Pazo da Cultura de Narón:

ARA MALIKIAN "La Increíble Gira de Violín"

Un violín que naceu en Módena e viaxou ata Líbano para atoparse cun pequeno Ara de tres anos, ao que seu pai, tamén violinista, ensinou a tocar e do cal xa non se separaría.

Xuntos descubrirían a Paganini e xuntos viaxarían ao longo dos anos por todos os xéneros musicais que ían aprendendo alá onde paraban. Viaxar, escoitar e fusionar, así ata chegar ao rock e a música pop.

Toda unha incríble historia que podemos ir coñecendo en "La Increíble Gira de Violín" , unha marabillosa viaxe de 20 meses ao redor do mundo.

*Espectáculo en período de reserva de abonad@s.

Venda ao público xeral a partir do XOVES 11 de maio.

**Prezos: ANTICIPADA: 25€ público xeral / 17.50€ tarifa reducida; DÍA ACTUACIÓN: 29€ público xeral / 20.30€ reducida

+info 981 102 897