NOVO ESPECTÁCULO Á VENDA

Martes, 12 de Novembro de 2019

X ANIVERSARIO DE NOITES DE RETRANCA NO PAZO DA CULTURA!!

Noites de retranca é o espectáculo de humor galego máis visto na historia do teatro do país, con máis de 45.000 espectadores e o único en conseguir permanecer durante 7 anos consecutivos (en xaneiro de 2018 cumprimos xa os 8 anos) nas carteleiras dos principais teatros e auditorios de Galicia. Un espectáculo de humor cunha característa diferenciadora co resto de espectáculos deste estilo e é que non son monologuistas ao uso quen realiza o show , monologuistas de copa e taburete senón que Noites de retranca está representado por actores e actrices ofrecendo o seu bis cómica. Desta forma actores como Luís Zahera, Sergio Pazos, Manquiña, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Rober Adegas, Javier Veiga, Camila Bossa, Patricia Vazquez, Xosé Antonio Touriñán, Federico Pérez e un longo etc, forxan o carácter único dun show que crece cada ano que pasa en lugar de estancarse e que abre novas fronteiras no teatro galego, sendo representado no Teatro da latina en Madrid, o teatro Liceo de Salamanca (dobre función) ou o Auditorio de Teror nas Palmas entre outros.

NOITES DE RETRANCA É, EN DEFINITIVA, UN SHOW QUE CHE FARÁ PENSAR, SENTIR,GOZAR E SOBRE TODO RIR.