NORÓ DE XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE APLAZADO

Venres, 20 de Decembro de 2019

Por mor da alerta vermella declarada entre as 15.00 e as 3.00 de mañán sábado, o espectáculo "Noró" de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre queda aplazado para o venres 27 de decembro ás 20.30h.

De non poder acudir, poden solicitar a devolución na taquilla do Pazo presentando as entradas.

Poden chamar para calquera dúbida ao 981 102 897.