A MOTIX DE NARÓN INAUGUROUSE CUN ROTUNDO ÉXITO

Xoves, 19 de Outubro de 2017

A 33ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón recibíu a 1.278 nenas e nenos na primeira semana de representacións.

Cartaz mostra de Teatro 17.jpg
Esta semana inaugurouse a 33ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil coa representación do espectáculo Contacreques da Compañía EME2. 1.278 nenos e nenas de infantil chegados de centros de ensino de Narón e comarca, pasaron pola MOTIX de Narón nesta primeira semana de actividade.
 
Contacreques é un peza de creación propia da compañía EME2 con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garavanciño e O zapateiro e os trasnos; que nos transportan a un mundo con voces de contacontos e corpos de Monicreques.
 
O 2 e o 3 de novembro a Mostra regresa, desta volta ao Pazo da Cultura, co alumnado de ESO, bacharelato e ciclos e coa repesentación de Edipo da Companhia do Chapitô