MOTIX 2018

Mércores, 24 de Outubro de 2018

A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón abre a súas portas co espectáculo para educación infantil A Galiña Azul, representado pola compañía Títeres Tanxarina.

cartel 60 2018 correxido peq.jpg

Preto de 1.800 alumnos e alumnas de educación infantil de toda a comarca serán os encargados de abrir a Motix 2018 ao público escolar. Trala presentación previa realizada coa estrea do espectáculo da compañía Elefante Elegante, Patapatun, a Mostra comeza a recibir ao público escolar dende esta semana e ata finais de novembro.