IX CONCURSO DE PINTURA "CIDADE DE NARÓN"

Xoves, 23 de Novembro de 2017

Eduardo Pérez Baamonde gaña a novena edición do concurso de pintura "Cidade de Narón"

Coa obra titulada "Faro Quastolone" o pintor cambadés Eduardo Pérez Baamonde resultou gañador do IX Concurso de Pintura "Cidade de Narón" dotado 1.500 €. No acto de entrega de premios celebrado no Pazo da Cultura dentro do programa de actos da conmemoración do Día de Narón, resultarón tamén premiados os seguintes autores:

Có premio especial Francisco Criado dotado con 200 €. o pintor sevillano Alejandro Galán Vázquez coa súa obra titulada "Bodegón". Terceiro clasificado e cunha dotación de 400 €. Manuel Ángel Serantes Morán, afincado en Ponferrada, que presentou a súa obra baixo o título "Fluvial". E en segundo lugar coa obra titulada "Espera" e unha dotación de 750 €. o valdoviñes Manuel Carballeira Rivas.

 Ao concurso presentáronse un total de 85 obras, 37 no apartado de adultos, que foron valoradas polo xurado composto por D. Xosé Luís Loureiro, D. Raúl Gil Burés e D. Pedro Taboada. No certame Infantil presentáronse 48 obras  agradecendo a súa participación por parte do Padroado da Cultura cun lote de material de pintura.

A Alcaldesa Marian Ferreiro Díaz agradeceu a participación de todas e todos os artistas e asegurou a loga pervivencia desta cita coa pintura en Narón.