IX CONCURSO DE PINTURA "CIDADE DE NARÓN"

Venres, 20 de Outubro de 2017

O Padroado da Cultura abrirá o vindeiro día 30 de outubro o prazo para presentar obras ao “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón”

cartaz Concurso Pintura.jpg

O Padroado da Cultura do Concello de Narón convoca a novena edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón”. A alcaldesa da cidade e presidenta do organismo, Marián Ferreiro, presentou esta mañá o certame, ao que se poderán presentar obras dende o vindeiro 30 de outubro e ata o 10 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00, no Pazo da Cultura. A rexedora local animou á veciñanza a presentar os seus traballos a este concurso, no que se repartirán un total de 2.850 euros en premios. 

Toda a información sobre o concurso pode ser consultada nes mesma páxina.