Novas

oenach face.jpg
16/07/2018
[comment_count]

XX Oenach Atlántico, festa celta de Interese Turístico de Galicia, celebra o seu 20 aniversario cunha programación especial de concertos e teatro e con múltiples actividades para os máis pequenos. 
A parroquia de Sedes recrea durante tres días a vida dun poboado celta con representacións tradicionais e acolle actuacións musicais como a de Cristian Silva ou María Fumaça. 
Podes animarte e vir caracterizado como un castrexo e tamén poderás probar hamburguesas e varios produtos de porco celta. Achégate a pasar unha fin de semana diferente e sumérxete en familia no mundo celta!

Luz Casal entradas esgotadas.png
05/07/2018
[comment_count]

ENTRADAS ESGOTADAS para o concierto de Luz Casal - "Que corra el aire", que terá lugar o sábado, 6 de outubro ás 20h., no Pazo da Cultura.

Grazas!

+info 981 102 897

 

XXVIII Festival Internacional de Folclore de Narón.JPG
04/07/2018
[comment_count]

A partir de hoxe, mércores 4 de xullo, están á venda as entradas para o XXVIII Festival Internacional de Folclore de Narón, que terá lugar o vindeiro sábado 21, no Pazo da Cultura, a partir das 21h.

*As entradas están dispoñibles na billeteira do Pazo a un prezo de 2€ tarifa única para todos os públicos.

 

+info 981 102 897

Cartel_pequeno_Veran_naron-min.jpg
28/06/2018
[comment_count]

Narón presenta un verán con moita variedade cultural

SIN HORAn.jpg
12/06/2018
[comment_count]

QUE CORRA EL AIRE - LUZ CASAL EN CONCERTO

Informamos da inminente posta á venda das localidades para asistir ao concerto de Luz Casal, que terá lugar o vindeiro 6 de outubro ás 20.00h no Pazo da Cultura de Narón.

Os períodos de venta deste concerto serán os seguintes: 

*Dende o mércores 13 de xuño ao martes 19 de xuño período de reserva da súa localidade como abonado en exclusiva (dende as 9.30h).

*Días mércores 20 e xoves 21 de xuño , para mellorar butaca (elixir unha localidade).

*A partir do venres 22 de xuño , venda ao público en xeral.

As tarifas son as seguintes:

Público Xeral: 35€

Abonados, ou tarifa reducida: 24.50€

Páxinas