ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS

Venres, 8 de Setembro de 2017

O Padroado da Cultura abrirá o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais

Cartaz ECM.jpg

O Padroado da Cultura do Concello de Narón abrirá o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais o vindeiro luns 18 de setembro e permanecerá aberto ata o venres 6 de outubro. A matrícula poderá realizarse nas oficinas do Pazo da Cultura en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h. de luns a vernres e os sábados de 10:00  a 13:00 h. .

A participación nas Escolas Culturais Municipais é aberta a toda a veciñanza , non só de Narón se non tamén de outros concellos.

A ficha de inscrición pode descargarse no apartado de Escolas Culturais desta mesma páxina.

https://www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura