ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS

Martes, 4 de Outubro de 2016

O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS PRORRÓGASE ATA O VINDEIRO VENRES 7 DE OUTUBRO

logotrans.gif

A grande demanda que está a recibir o Padroado da Cultura do Concello de Narón para participar nas súas Escolas Culturais Municipais, ven de propiciar a prórroga do prazo de matrícula ata o vindeiro venres 7 de outubro. Todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula nos horarios habituais comprendidos entre as 09:00 e as 14:00 h en horario de mañá e as 17:00 e as 19:00 en horario de tarde. Para calquera consulta ou información poden contactar có Padroado no tlf. 981 391 144 nos horarios indicados anteriormente.

.