ENTROIDO NARÓN 2015
Lembrámosvos a todo o público interesado, que o prazo de inscrición de comparsas para a participación no Entroido de Narón 2015, permanecerá aberto ata o vindeiro venres 30 de xaneiro ás 19:00 h.
A inscrición das comparsas será por rigorosa orde de inscrición no rexistro do Padroado da Cultura.
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
ENTROIDO 2015
1.- Realizarase un desfile dende a Pavillón da Mocidade (A Gándara) ata o Pazo da Cultura e, de seguido, un festival de comparsas no mesmo.
2.- Os días de inscrición serán do 26 ao 30 de xaneiro, en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h., no Pazo da Cultura, tendo que presentar 6 copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa.
3.- Poderán inscribirse un máximo de 7 comparsas de Narón e 3 de fóra deste Concello. A selección das comparsas participantes farase por estrita orde de inscrición. No caso de non cubrirse o número de comparsas de Narón, poderá cubrirse con comparsas de fóra, e viceversa, sempre que a organización o estime oportuno.
4.- O Padroado resérvase a posibilidade de convidar algunha outra comparsa, tanto de Narón como de fóra, comprometéndose esta a participar unicamente nos actos do Día do Entroido en Narón.
5.- Tódalas comparsas participantes no festival farán o percorrido dende a Pavillón da Mocidade ata a Pazo da Cultura, a pé, o sábado día 14 de Febreiro, sendo a saída conxunta ás 17:30 horas.
6.- As letras a interpretar polas comparsas falarán, obrigatoriamente, de temas locais do Concello de Narón, sendo o idioma a empregar: o galego.
7.- Cada comparsa estará formada por un mínimo de 15 membros que deberán ser, na súa maioría, persoas de máis de 14 anos.
8.- Cada comparsa disporá dun tempo máximo de 10 minutos para actuar nos que, co bo humor, fará crítica de todo o que nos trouxo o ano 2014.
9.- Tódalas comparsas participantes no festival e que sexan de Narón (enténdese por comparsas de Narón, aquelas en que, como mínimo, o 75% dos seus compoñentes residan en Narón. Dato este que poderá ser comprobado pola organización), terán a obriga de facer unha actuación na súa parroquia e outra en calquera outra parroquia do Concello, con percorrido se é posible.
10.- O Padroado da Cultura asignará unha axuda económica a tódalas comparsas participantes, coa seguinte contía:
Comparsas de fóra de Narón ....................................... 250 €
Comparsas convidadas ............................................... 250 €
Comparsas de Narón ................................................... 500 €
11.- As Comparsas de Narón participantes no programa de Dinamización Hostelera e de Comercio, percibirán una aportación económica a maiores de 100 € por día de participación ata un máximo de 200 €, podendo entón percibir una contía de ata 700 €.
12.- Establécense os seguintes premios: 1º, 2º e 3º Premio. Éstes consistirán nunha figura, recordo do Día do Entroido.
13.- Para o outorgamento dos premios, por parte do xurado designado polo Padroado, terase en conta:
a) A orixinalidade dos disfraces.
b) O enxeño da crítica feita na actuación.
c) A calidade musical.
d) O que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia.
14.- A participación das comparsas no festival supón a aceptación das presentes normas