Entroido de Narón 2019

Luns, 25 de Febreiro de 2019

O Entroido de Narón contará coa actuación de 10 comparsas

20190225105518_00001.jpg

O vindeiro sábado 2 de marzo celebrarase na pista polideportiva da Solaina o Entroido de Narón 2019.  As actividades comenzarán co desfile de comparsas, que sairá do Pavillón da Mocidade (A Gándara) ás 17:15 h., pasando polas rúas Vispo Argalla, Vilalba, Vigo, Wenceslao Fernández Flórez, Estrada da Trincheira, Estrada de Castela, Avda. de Santa Icía e Avda. da Solaina.

A partir das 18:00 h. comenzará o Festival de Comparsas, que estará dirixido por Teatro dos Ghazafelhos e animado polo grupo musical Os Mecánicos, e no que participarán 10 comparsas, 6 de Narón: Os Argalleiros, Tróupele, Tróupele, Os Parrandolos, Os Colludos, Semente de revoluçom e Mangurriás, e 4 de fóra do concello: A Revolta e Vide vindo de Ferrol, A Canteira de Neda e Os Trastos de Valdoviño.

Durante o festival haberá tamén concurso de disfraces infantil e adultos en categorías de individual, parellas e grupos. Para participar poderán inscribirse na propia carpa na que se realiza o festival.