ENTROIDO DE NARÓN 2015

Venres, 23 de Xaneiro de 2015

O Padroado da Cultura abrirá o vindeiro 26 de xaneiro o prazo para a inscrición de comparsas no seu Festival de Entroido 2015, que permanecerá aberto ata o venres 30 de xaneiro.

A inscrición poderá facerse nas ofinas do Pazo da Cultura, en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30, e será por estricta orde de entrada de rexistro. O Padroado da Cultura convoca un total de 10 prazas, das que 7 serán para comparsas do Concello e 3 para comparsas da Comarca. Para + info. poden poñerse en contacto con nos no Tlf.: 981 391 144.