Entroido 2017

Luns, 6 de Febreiro de 2017

O Luns 6 de febreiro abrirase o prazo para a inscrición de comparsas

Entroido_Naron_2017.jpg

O luns 6 de febreiro ábrese o prazo de inscrición de comparas para a participación no Entroido de Narón 2017. Dende as 09:00h. da mañá poderán realizar as inscricións no rexistro de entrada do Padroado da Cultura do Concello de Narón, sito no Pazo da Cultura, R/Holanda s/n.. Para 2017, o Padroado da Cultura ofrece 10 prazas, 7 para comparsas de Narón e 3 para comparsas de fóra do Concello e as prazas repartiránse por estrcta orde de entrada no rexistro.

O Festival de comparse celebrarase o vindeiro día 25 de febreiro na pista polideportiva da Solaina.

Para máis información podedes contactar con nós no teléfono 981 391 144, ou no correo electrónico d.canovas@naron.es