CONVOCATORIA ELECCIÓNS Á XUNTA DO PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO DE NARÓN

Xoves, 4 de Xullo de 2019
 
Con data 15/06/2019, o Concello Pleno do Concello de Narón, reuniuse en sesión constitutiva tras as eleccións municipais do 26 de maio do mesmo ano.
 
O artigo 7.2 dos Estatutos do Padroado de Cultura, aprobados por Concello Pleno de data 29/12/2011 (BOP da Coruña nº 47 de 8 de marzo de 2012) establece “…Para a designación dos representantes das asociacións de veciños, entidades culturais e consellos escolares de colexios públicos, o/a presidente/a convocará eleccións, no prazo de tres días dende a constitución do Concello Pleno, tras a celebración das eleccións municipais”. “O decreto da convocatoria da presidencia indicará o prazo e lugar de presentación de candidaturas. O prazo será de 15 días a partir do día seguinte ao do decreto da convocatoria e o lugar de presentación será a secretaría do Padroado da Cultura”. “Ao quinto día despois de rematado o prazo de presentación de candidaturas, deberá procederse ás eleccións. As votacións faranse por grupos, mediante votación secreta e en lista aberta, votando cada entidade a un número de candidatos non superior ao que lle corresponde ao seu grupo na Xunta”. “Serán elixidos os candidatos que obteñan maior número de votos por cada un dos grupos”.
 
En base ao anterior é polo que, esta Presidencia, en uso das atribucións que lle confire a Lei ven en RESOLVER:
 
PRIMEIRO.- Convocar eleccións para a designación de dous representantes das asociacións de veciños, tres representantes das entidades culturais e un representante dos consellos escolares dos colexios públicos, todos eles, con sede no Concello de Narón.
 
En cumprimento co establecido no artigo 7.2 dos Estatutos do Padroado de Cultura, as entidades culturais e as asociacións de veciños interesadas en participar, deberán cumprir os seguintes requisitos:
 Acreditación actualizada e completa, o día do inicio da convocatoria no rexistro municipal de asociacións, como entidade veciñal ou cultural.
 As entidades constituídas por agrupacións de diversas asociacións culturais ou veciñais non poderán participar como tales agrupacións.
 
SEGUNDO.- Abrir o prazo de presentación de candidaturas por un periodo de quince días hábiles a partir do seguinte ao presente acordo (do día 20/06/2019 ao 11/07/2019, ambos inclusive, en horario de 9:00 a 13:30 horas).

As candidaturas presentaranse no edificio do Pazo da Cultura, na Rúa Holanda, s/n – 15570 Narón, no rexistro de entrada do Padroado de Cultura, en horario de 9:00 a 13:00 horas, indicando “candidatura para eleccións á xunta do Padroado de Cultura do Concello de Narón - representantes das Asociacións de veciños con sede no Concello de Narón ” ou “candidatura para eleccións á xunta do Padroado de Cultura do Concello de Narón - representantes das entidades culturais con sede no Concello de Narón“ ou “candidatura para eleccións á xunta do Padroado de Cultura do Concello de Narón - representantes dos consellos escolares dos Colexios públicos do Concello de Narón”.

 
TERCEIRO.- As votacións para a elección dos representantes celebraranse o día 18 de xullo de 2019 no Pazo da Cultura, na Rúa Holanda, s/n – 15570 Narón, no horario seguinte:
- Ás 18:00 horas, os representantes dos consellos escolares.
- Ás 18:30 horas, os representantes das asociacións de vecinos.
- Ás 19:00 horas, os representantes das entidades culturais.
 
 
CUARTO.-Publicar a presente convocatoria nun periódico de máxima difusión na provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Narón.
 
Asinado:
A Presidenta do Padroado da Cultura do Concello de Narón - Marian Ferreiro Díaz
A Xerente do Padroado da Cultura do Concello de Narón - María Ángeles Manteiga Fulgueira