CONVOCATORIA ELECCIÓNS Á XUNTA DO PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO DE NARÓN

Xoves, 20 de Xuño de 2019

Con data 15/06/2019, o Concello Pleno do Concello de Narón, reuniuse en sesión constitutiva tras as eleccións municipais do 26 de maio do mesmo ano. O artigo 7.2 dos Estatutos do Padroado de Cultura, aprobados por Concello Pleno de data 29/12/2011 (BOP da Coruña nº 47 de 8 de marzo de 2012) establece “…Para a designación dos representantes das asociacións de veciños, entidades culturais e consellos escolares de colexios públicos, o/a presidente/a convocará eleccións, no prazo de tres días dende a constitución do Concello Pleno, tras a celebración das eleccións municipais”. “O decreto da convocatoria da presidencia indicará o prazo e lugar de presentación de candidaturas. O prazo será de 15 días a partir do día seguinte ao do decreto da convocatoria e o lugar de presentación será a secretaría do Padroado da Cultura”. “Ao quinto día despois de rematado o prazo de presentación de candidaturas, deberá procederse ás eleccións. As votacións faranse por grupos, mediante votación secreta e en lista aberta, votando cada entidade a un número de candidatos non superior ao que lle corresponde ao seu grupo na Xunta”. “Serán elixidos os candidatos que obteñan maior número de votos por cada un dos grupos”.