Concerto de Luis Pastor

Xoves, 29 de Agosto de 2019

Completamos a programación cun concerto de Luis Pastor coa colaboración de Lourdes Guerra, “Canciones y memorias”, que terá lugar o vindeiro venres 25 de outubro ás 20.30h.

Este evento entra dentro do abono, polo que o período para mercar será o seguinte:

 

*Do 30 de agosto ao 9 de setembro para mercar na súa butaca (asociada ao seu abono).

*Días 10 e 11 de setembro para elixir butaca para este evento, antes da posta á venda ao público xeral.

*A partires do día 12 venda ao público xeral.

 

Os prezos serán de 7€ para os abonados e a tarifa reducida, e 10€ para o público xeral.