Charla coloquio "Unión de Soldados Demócratas na Transición

Mércores, 4 de Abril de 2018

Poñemos en coñecemento que o vindeiro martes, 10 de abril ás 20 h., no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, terá lugar unha charla coloquio "Unión de Soldados Demócratas na Transición".

Intervirán os exmembros da Unión Democrática de Soldados Jose Luís Vergara Rey e Manuel Bellón Vilela.

Organizada por A. C Memoria Histórica Democrática e polo Concello de Narón.

Entrada de balde.

Soldados Demócratas.Narón.jpg