Cambio no reparto de El Funeral

Mércores, 29 de Agosto de 2018

A obra de teatro El Funeral , que se representará o vindeiro 22 de setembro ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, sufrirá un cambio no elenco según nos comunica a  compañía Pentación, encargada de traer a Narón esta comedia.

Dita compañía acaba de comunicar ao Padroado da Cultura que o actor Antonio Resines, que forma parte do elenco desta obra, non poderá actuar nesa data debido a unha lesión que o manterá lonxe dos escenarios, como mínimo, durante un período de seis meses.

Tras recibir esa comunicación informamos de que, no caso de consideralo oportuno, pode solicitar o reembolso da súa entrada ata o vindeiro 14 de setembro. Ese reembolso farase do mesmo xeito de pago en que se realizou a compra. Unha vez transcorrida esa data non se admitirán devolucións.

el_funeral_70x100_baja.jpg