ANDRÉS SUÁREZ NO PAZO DA CULTURA!

Xoves, 14 de Decembro de 2017

O SÁBADO, 3 de MARZO ás 20h., estará en concerto, enriba do noso escenario, Andrés Suárez co seu traballo "Desde una ventana" - Tour.

Ás entradas XA están Á VENDA na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da nosa web, un agasallo do máis axeitado para este Nadal...

+info 981 102 897

#ViveoPazodaCultura #AndrésSuárez

andres recor.jpg

ANDRÉS SUÁREZ - “DESDE UNA VENTANA TOUR”
Vitalista, alegre, expansivo… volve Andrés Suárez con "El corazón me arde", primeiro adianto do seu novo álbum, que se publicará o próximo xuño. As guitarras eléctricas e os órganos conducen este poderoso tema con tratamento de auténtico rock, unha canción que deixa atrás antigas melancolías e o aire introspectivo do seu anterior "Mi pequeña historia", coma se quixese ofrecer un aperitivo do que será a xira que está por vir.
Para gravalo, Andrés foise cos músicos da súa xira, aos que se refire como o bandón, aos estudos Music Lan de Girona. Tocando todos á vez, como nos directos, fixeron as tomas que se converterán nas 14 cancións máis un bonus- track de "Desde una ventana", un título que fala da indiscutible apertura ao mundo do cantautor galego. “É unha xanela aberta ao mar, á praia, á luz, desde a mirada dunha persoa que atravesa un momento sentimentalmente agradable, un momento de felicidade”, razoa.
É un álbum cociñado a lume lento, no que Andrés traballou durante seis meses, e no que ademais de rock pódese atopar folk e mesmo fado. “Escóitoo e soa a min”, resume o artista, que confesa que durante a súa gravación xamais tivo a sensación de estar a traballar nun estudo. “Era como tocar en directo. Parecíame estar en Libertad 8”, afirma, en referencia ao pequeno club de Madrid onde comezou a gañar popularidade tras dar o salto desde Galicia á capital de España.
A produción correu a cargo do arxentino Adrián Schinoff, con Andrés Litwin e Suárez como coproductores e coas mesturas de Bori Alarcón. Entre todos eles deron forma a esta especie de crebacabezas de pezas dispares que, ensamblado, reflicte mellor que ningún outro traballo a personalidade do artista galego.
O seu adianto do novo álbum "El corazón me arde" permite presaxiar que é unha historia que apenas acaba de comezar.

Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 2 HORAS
Prezos: 
Patio Butacas: 25€
Platea 1: 22€
Platea 2: 18€ 

Espectáculo fora de bono

Entradas xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou a través da web