AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS

Xoves, 5 de Outubro de 2017

O Padroado da Cultura ven de ampliar o prazo para a realización de matrículas nas Escolas Culturais Municipais.

O Padroado da Cultura do Concello de Narón ven de ampliar o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais unha semana máis, polo que poderán formalizarse nas oficinas do Pazo da Cultura os vindeiros luns, martes, mércores e venres da semana que ven, finalizando o prazo definitivamente o vindeiro venres 13 de outubro.

Os horarios de atención son de mañá de 09:00 a 14:00 e de tarde de 17:00 a 19:00 h. 

Para formalizar a matrícula somentes é preciso presentarse nas oficinas xunto có DNI da persoa a matricular e facer o pagamento da taxa correspondente á Escola Cultural escollida.

Poden consultar as Escolas e as tarifas nesta ligazón: https://www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura