Adíase a representación de Ela

Xoves, 21 de Decembro de 2017

O espectáculo "ELA" da Compañía Caramuxo Teatro adíase ao vindeiro 4 de xaneiro

ela.jpg

O espectáculo "ELA" da Compañía Caramuxo Teatro previsto para o martes 26 de decembro, adíase para o vindeiro xoves 4 de xaneiro por motivos de saúde no elenco da obra. As persoas que teñan adquirido o seu billete deberán poñerse en contacto coa billeteira do Pazo da Cultura, ben presencialmente ou ben a través do teléfono 981 102 897.

O Padroado da Cultura do Concello de Narón lamenta as molestias que poda ter ocasionado este adiamento e convida a asistir á representación do espectáculo, que xira entorno á figura de Maruxa Mallo, na nova data programada.