Adíase "Re-admirando a condición" - Sés

Mércores, 10 de Xaneiro de 2018
Por motivos de saúde, vémonos na obriga de aprazar o concerto de SES en Narón previsto para o 27 de Xaneiro ás 20h.
A nova data será o Sábado 12 de Maio no mesmo recinto, o Pazo da Cultura, a mesma hora.
As entradas xa adquiridas serán válidas para esta nova data. Quen queira, poderá devolver a súa entrada a través de calquera dos medios de venda anticipada, e reintegraráselle o importe da mesma. A devolución das localidades farase efectiva ata o sábado 27 de xaneiro, data na que anteriormente estaba previsto dito concerto.
 
Calquera dúbida podedes chamar directamente á billeteira do Pazo de Cultura no 981 102 897