ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS

Mércores, 14 de Setembro de 2016

Dende o día 12 de setembro permanece aberto o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais, ata o martes 4 de outubro. A matrícula pode formalizarse nas oficinas do Pazo da Cultura en horario de mañá de 09:00 a 14:00 h. e de tarde de 17:00 a 19:00 h.

ESCOLAS TRADICIONAIS:

Danza tradicional: a partir de 5 anos

Gaita: a partir de 6 anos

Acordeón: a partir de 8 anos

Percusión Tradicional: a partir de 6 anos

Canto e pandeireta: a partir de 5 anos

Zanfona: a partir de 8 anos

Construcción de instrumentos: a partir de 16 anos

O Recuncho dos Pequechos: 3 e 4 anos

 

ARTÍSTICAS

Debuxo: a partir de 6 anos

Teatro: a partir de 4 anos

 

ESCOLA DE ACTORES E ACTRICES

Curso de acceso: a partir de 16 anos

1º 2º e 3º curso

 

BAILES DE SALÓN

A partir de 4 anos

 

ESCOLAS DE MÚSICA ASOCIACIÓN CULTURAL SEMENTEIRA: o prazo de matrícula abrirase dende o 12 ata o 24 de setembro de 2016, ambos inclusive. As matrículas poderán formalizarse na oficina da A.C.M Sementeira sita no Pazo da Cultura, 2º andar, de luns a venres (de 11.00 a 13.00h e de 17.00 a 19.00h) e os sábados (de 11.00 a 13.00h). Para máis información poden chamar ao teléfono 699 458 267. 

Música e Movemento: nados no 2010 e 2011

Iniciación á Linguaxe Musical: nados no 2009

Linguaxe Musical: nados do 2008 e anos anteriores

Linguaxe Musical para adultos

Coro infantil (como actividade complementaria a Linguaxe Musical)

Harmonía

Linguaxe Musical + harmonía

 

Especialidade de instrumentos: frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, vilonchelo, contrabaixo e percusión.