Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se misturan actores con figuras grandes e títeres para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo. Técnica: xigantes, cabezudos, títeres e actores.
Sinopse: O xigante Zampón rouba a palabra foliada dos soños dos nenos de Ledicia. O investigador Brais Buscamáis e Chispín, músico de banda que se dirixía a tocar á festa de Ledicia, lanzaranse á procura do xigante. Mais antes de atopalo terán que superar algunhas probas. Finalmente lograrán entrar na casa de Zampón e adormecelo cunha palabrasomnífero. Unha vez durmido, Brais e Chispín ábrenlle o bandullo e consiguen recuperar a palabra roubada para o pobo de Ledicia.
Prezos:
ABONADOS: 6.65€
PÚBLICO XERAL: 9.50€
TARIFA REDUCIDA: 6.65€
MENORES DE 14 ANOS: 5.50€
Espectáculo en período de reserva de abonados, venda ao público xeral a partir do mércores 22 de marzo.
*A venda de entradas de espectáculos infantís farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
+info 981 102 897