YO NO ESTOY LOCA - TEATRO PETRA (COLOMBIA)
A historia (as historias) dunha muller que se sae do tradicional, nunha sociedade onde o tradicional é deixar pasar, calar, soportar. Historias que parecen de ficción, pero que están todas baseadas na vida real. Todo o que aquí van ver, pasou. Unha muller entra á súa casa e atopa o seu esposo deitado con outra muller. Os amantes sorpréndense, a esposa non di nada,non fai escándalo; ao contrario, como traía do mercado para unha cea sorpresa, convídaos a comer: ao seu esposo e á amante del.
O primeiro que se dí ao saber da reacción da esposa é : "está tola". Dirano os amigos, as amigas, os familiares, o seu propio esposo e a amante do seu esposo. Pero no só nesta situación lle dirán que está tola, tamén e varias veces ao día, manifestaranllo por esixir os seus dereitos, por non ser dócil, por disculir, por decidir sobre gustos sexuais, por dicir "non" , por alzar a voz, por dicir a verdade e , obviamente, por pelexar.