"XXVIII Festival de Folclore Internacional de Narón"
O Padroado da Cultura de Narón, conta con dous Grupos Artísticos de Música e Baile Tradicionais, o Grupo de Baile e Música Tradicional “Alxibeira” de Narón e a Banda de Gaitas de Narón, a través dos cais desenvolve un intenso labor de proxección pública do mellor dos nosos bailes e músicas.
O Festival Internacional de Folclore Tradicional, que celebrou a súa primeira edición en 1991 é unha das pezas esenciais do amplo abano de actividades que o Padroado da Cultura de Narón desenvolve para a difusión e promoción, non só da Cultura Tradicional Galega, senón tamén, das tradicións culturais doutros pobos.
O Festival ten como obxectivo achegar ás veciñas e veciños de Narón ás diversas manifestación folclóricas do mundo e estimular, a través do contacto coas tradicións alleas, o interese polas propias.
No Festival Internacional de Folclore de Narón adoitan participar 3 grupos internacionais de música e baile, xunto con 1 grupo estatal e a máis os grupos anfitrións do Padroado (“Alxibeira” e Banda de Gaitas), que realizan actuacións programadas en distintos lugares do Concello e tamén noutros concellos galegos, como Brión, Lugo, A Coruña, As Pontes ou Vilalba.
O Padroado da Cultura de Narón organiza o seu Festival Internacional en colaboración con outros Festivais do Estado Español e Portugal, a través do Festifolk, organización integrada por 30 Festivais de Folclore Internacional do Estado, que comparten con Narón o interese por manter viva a cultura tradicional dos pobos do mundo e a vontade de que se coñeza e se comparta.
Grupos participantes de este ano:
*GALICIA:
-Banda de Gaitas do Padroado da Cultura
-Grupo de música e danza tradicional "Alxibeira" do Padroado da Cultura
*CASTELA A MANCHA:
-Grupo de danzas "Magisterio" de Albacete
*DAGUESTÁN - Rusia:
-Conxunto coreográfico "Echo of the Montains"
*COLOMBIA:
-Compañía artística "CreaDanza"
*SENEGAL:
-Grupo de danzas "Bakalama"