SINOPSE:
Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia que fixo e segue a facer capítulo illado, tanto na historia musical do noso pais como na do resto da península e de Europa. SonDeSeu converteu o seu nome e a súa experiencia en facho fecundo e fachendoso, acendido en palestras nacionais e internacionais.
Vinte anos despois toca celebrar o presente actual daquela epifanía feliz, espallando unha escolma das mellores faíscas musicais polos mellores escenarios do país, con un concerto acústico e 60 músicos en escena.
DIRECCIÓN: Rodrigo Romaní