XIRA: DÍAS DE LUZ
Para o músico cubano, o 2021 será o ano de presentación dunha nova xira artística, Días de Luz, que se engloba nun proxecto maior con novidades discográficas e artísticas.
Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español, soubo abordar unha ampla diversidade de xéneros da música cubana e americana na totalidade da súa obra: desde a tradición á mosaernidade, pasando polo jazz, a rumba, o son ou o bolero, grazas á súa ampla versatilidade interpretativa.
Así, toda esa bagaxe e historia musical será posta en escena cun formato íntimo, aínda que non menos sorprendente e emocional.
Días de Luz aposta por abrir un novo horizonte, tan necesario nestes tempos, a partir dunha reflexión máis intimista e á vez esperanzadora.
Xunto con composicións novas como "Días de luz", inspiradora desta xira e nova etapa nun canto ás incertezas actuais e ao amor como o seu refuxio, ou a súa última composición "Esperando el milagro", que covida a unha profunda reflexión sobre a tráxica pandemia que arrasou o planeta.
Nos directos de Pablo Milanés non faltarán temas clásicos como: El breve espacio, Yolanda, Ya ves ou Para vivir, que seguen definindo a natureza e singularidade da súa alma de trobador.