WHEN GOSPEL WAS GOSPEL

DATOS BÁSICOS

MÚSICA GOSPEL

The Mississippi Mass Choir fúndase no ano 1988. O coro gañou varios premios polas súas  contribucións á música góspel e realizou numerosas xiras por Estados Unidos, Europa, Xapón e América Latina. No mesmo ano The Mississippi Mass Choir foi votado Coro do Ano e Mellor Novo Artista do Ano na Reunión Anual James Cleveland de Nova Orleáns.

En 1989 o coro recibiu catro premios da Stellar Awards: Coro do Ano, Disco do Ano, Mellor Novo Artista e Mellor Vídeo de Góspel.  Ademais, tamén foi premiado en varias categorías nos premios Soul Train Music.

O 8 de decembro de 1990, o MMCh gravou o seu segundo álbum en directo, God Gets The Glory, no Coliseum de Mississippi  ante 8.000 seguidores. Este disco tamén foi o número 1 na Billboard.

En 1992 o coro recibiu o Premio Stellar ao mellor coro do ano. Billboard nomeou a God Gets the Glory como Mellor Disco Góspel do Ano.

En xaneiro de 1993, o coro gravou o seu terceiro álbum, It Remains To Be Seen, que tamén  foi o número 1 en Estados Unidos. Vendéronse medio millón de copias deste álbum.

Foron premiados co Grammy ao Mellor  Coro de Góspel en 1997. Os seus discos I’ll See You In The Rapture (1998)Enmanuel (1999) acadaron os primeiros postos nas listas de  Billboard. No ano 2000 estiveron nomeados aos premios Grammy, Stellar, Soul Train e Dove.

No 2000 foron incluídos no Mississippi Hall of Fame e comezaron a súa participación na Mississippi, Believe It! Campaign.

No 2008, MMC celebrou o seu vixésimo aniversario con The First Twenty Years, unha compilación dos seus hits en audio e DVD, con entrevistas a membros da coral.

A xira europea de decembro de 2010 rematou cun concerto para 20.000 persoas en Santa Cruz de Tenerife na noite de Nadal. Por primeira vez na historia musical europea, unha coral afroamericana interpretaba coa Orquestra Sinfónica de Tenerife un programa de góspel.

Na xira europea de 2014 Mississippi Mass Choir presentou o programa Oh Happy Day Tour, un concerto que conmemoraba 25 anos de entrega a unha tradición que sen eles non sería a mesma. En decembro de 2019 volve un clásico do Nadal  europeo, unha coral de góspel que os afeccionados teñen marcada con lapis vermello no calendario de citas obrigadas.

É hora do espectáculo, señoras e señores, Mississippi Mass Choir

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 HORAS
Prezos: 
Público xeral 12€ / Tarifa reducida 8.40€
Información da billeteira: 

Prezos:

*Tarifa abonad@s: 8.40€

*Tarifa público xeral: 12€

*Tarifa reducida: 8.40€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s, menores de 14 anos)

 

**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.

***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

+info 981 102 897

Funcións: 
Domingo, 22 de Decembro de 2019 19:00
GÓSPEL.jpg