Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia, unha volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar. Os espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario. O mago acompáñaos nestas reviravoltas que van conducindo a maxia a un sorpresivo efecto final, unha derradeira sorpresa que, a medio camiño entre a realidade e a ilusión, non deixará indiferente a ninguén. Esta é unha obra de maxia infantil, só apta para nenos e nenas, aínda que xa peiteen canas.
Luns, 28 de decembro
Espectáculo Volta á maxia
Autor Dani García
Dirección Fran Rei
Escenografía Dani García
Deseño son Dani García
Deseño iluminación Dani García
Vestiario Dani García
Música Dani García