VOAXA E CARMÍN

DATOS BÁSICOS

COMEDIA

Maruxa e Coralia saen da casa, coma cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas... Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica protagonizada por Maruxa e Coralia, dous personaxes de ficción que nacen das homónimas Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como “As Marías” de Santiago de Compostela, que saían cada día durante os anos 50 e 60 ás dúas en punto para dar o seu paseo pola cidade vestidas e maquilladas de xeito estrafalario, contrastando co gris da cidade.

Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais…. saben todos eles a crúa historia que hai detrás delas?

Voaxa e Carmín nace para lles dar voz a estas estatuas silenciadas.

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H. 20MIN.
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS:6,65 €
PÚBLICO XERAL:  9,50 € 
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Martes, 1 de Novembro de 2016 19:00
voaxa e carmin.jpg