VIEJO AMIGO CICERÓN

DATOS BÁSICOS

VIEJO AMIGO CICERÓN, TEATRO CLÁSICO

Viejo amigo Cicerón é unha obra centrada na figura do soado orador romano, protagonista destacado das intensas loitas e as violentas transformacións acaecidas no século primeiro anterior á nosa era. José María Pou é Cicerón personificando a integridade moral de quen mantén a coherencia das súas conviccións políticas aínda nas máis adversas circunstancias. Marco Tulio Cicerón preséntasenos, pois, como un político excepcional nun mundo de mezquinas ambicións persoais, deslealdades e pequenas componendas tan propias da vida pública dende entón. Político, xurista, orador, filósofo, divulgador, podería encarnar a soada máxima de Terencio pois nada do humano lle resultaba alleo.

Xénero: 
  • Teatro
  • Clásico
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA E 45 MIN
Prezos: 
PÚBLICO XERAL 22€; REDUCIDA E ABONADOS 15.50€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENDA DE ABONADOS.

VENDA AO PÚBLICO EN XERAL A PARTIR DO 12 DE XUÑO.

Funcións: 
Sábado, 28 de Setembro de 2019 20:00
viejo-amigo-ciceron.jpg