VIDA DE CANS - TALÍA TEATRO
Tres cans. Tres actores, tres cans, ou tres acotres que fan de can sen deixar de ser actores, sen deixar de ser cans.
Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia que nunca deixa de ser comedia.
ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019
A VENDA DE LOCALIDADES A PREZO REDUCIDO FARASE UNICAMENTE NA TAQUILLA DO PAZO DA CULTURA, PRESENTANDO A DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA CORRESPONDENTE.
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo y Artur Trillo
AUTOR: CÁNDIDO PAZÓ
DIRECCIÓN: CÁNDIDO PAZÓ
ESCENOGRAFÍA: DANI TRILLO
VESTIARIO: MARTINA CAMBERO