THE VERY BEST OF DIRE STRAITS SHOW EUROPEAN TOUR

DATOS BÁSICOS

THE VERY BEST OF DIRE STRAITS SHOW EUROPEAN TOUR

BROTHERS IN BAND percorreu con « The Very Best of dIRE sTRAITS» Alemaña, Francia, Portugal, Luxemburgo e España transportándonos na súa particular máquina do tempo a través dun seleccionado, coidado e amplo repertorio que pertence xa á memoria colectiva de varias xeracións, sendo recoñecidos a nivel europeo polo público como un dos mellores shows homenaxe a DIRE STRAITS da actualidade.

BROTHERS IN BAND recrea e revive neste espectáculo as ben diferenciadas etapas e formacións da desaparecida banda fundada por Mark Knopfler, David Knopfler, John Illsley e Pick Withers, cun set list que abarca desde os inicios en 1977 ata a súa disolución a principios dos anos 90.

En « The Very Best of DIRE STRAITS», BROTHERS IN BAND repasa o máis destacado da banda británica nun show que revivirá desde o son limpo e cristalino de Down to the Waterline, o antolóxico Money For Nothing, pasando por clásicos como Sultans of Swing, Telegraph Road, Romeo & Juliet, Tunnel of Love ou Lady Writer, e revisitando xoias como News, Why Worry, One World, It Never Rains e moitos outros máis.

Duración: 
2 HORAS
Prezos: 
PATIO DE BUTACAS: 25,00€ 1º ANFITEATRO: 22,00€ 2º ANFITEATRO: 20,00€
Información da billeteira: 

ANTICIPADA: PATIO DE BUTACAS: 25,00€  1º ANFITEATRO: 22,00€  2º ANFITEATRO: 20,00€

DENDE O 16/05/22 ATA O DÍA DO EVENTO:PATIO DE BUTACAS: 30,00€  1º ANFITEATRO: 27,00€  2º ANFITEATRO: 25,00€

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO

Funcións: 
Domingo, 22 de Maio de 2022 19:00