UNHA NOITE NA PRAIA

DATOS BÁSICOS

UNHA NOITE NA PRAIA

Unha noite na praia é unha comedia de dous personaxes.

Dous tipos moi distintos que coinciden á tardiña nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un furancho da aldea.

Na praia non queda ninguén; só Manuel, que traballa no chiringo, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da última hamaca que queda por recoller. 

Así arrinca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para a casa para durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1H E 45 MIN
Prezos: 
Patio butacas 18€ / Anfiteatros 15€
Información da billeteira: 

ESPECTÁCULO FORA DE ABONO

NON SUXETO A DESCONTOS

XA Á VENDA

Funcións: 
Sábado, 4 de Abril de 2020 20:00