UNA NOCHE CON ELLA

DATOS BÁSICOS

SINOPSE:

Pasar unha noite con Loles León significa facer un percorrido polos últimos cincuenta anos da nosa historia. Unha viaxe pola súa vida, polos seus momentos máis amargos e os seus máis felices, por situacións tan divertidas como absurdas. Lembranzas cheas de emoción que, a través da música (o cabaré, o music hall) nos transportarán a diferentes tempos.

Pero, como di ao comezo do espectáculo: "Se non che gustan as cousas da túa vida, quen dixo que non as podes cambiar para representalas no escenario".

Una noche con ella  é un 80%  de realidade  e un 20% ficción, pero ELA nunca confesará o que é verdade e o que é falso. É o espectador o que debe pescudar.

Durante o espectáculo, Loles, xunto con dous mozos bailaríns/actores e dous músicos en directo, mostrarán a súa alma e soltarán a súa mordaz lingua.

Cantará e bailará para que o espectador lembre aquela noite con ela como algo inesquecible.

AUTORÍA E DIRECCIÓN: Juan Luis Iborra

ESCENOGRAFÍA: Eduardo Moreno

ILUMINACIÓN: Juanjo Llorens

COREOGRAFÍA: Luis Santamaría

DIRECCIÓN MUSICAL: Sarah Gómez y J.L.Rollán (Cargomusic)

CONFECCIÓN VESTUARIO: Apramp

PRODUCTOR: Jesús Cimarro

ELENCO:

    Loles León

    Briel González

    Fran del Pino

    Yeyo Bayeyo (pianista)

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
90 MIN
Prezos: 
Público xeral: 18,00 € Abonados-Desempregados-Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 12,60 €
Información da billeteira: 

2022-10-15 - 20:00:

  • ABONADOS: 12,60 €
  • PÚBLICO XERAL: 18,00 €
  • DESEMPREGADOS-CARNÉ XOVE OU ESTUDANTE ( ATA 25 ANOS): 12,60 €

ESPECTÁCULO EN VENTA LIBRE A PARTIR DO 29 DE XULLO

Funcións: 
Sábado, 15 de Outubro de 2022 20:00