A TEMPESTADE - VOADORA

DATOS BÁSICOS

Sábado 31 de xaneiro, ás 20:00 horas

Próspero, duque de Milán, inmerso nos seus estudos, é traicionado polo seu irmán Antonio, quen o expulsa nun golpe de estado e o abandona no mar á súa sorte xunto á súa pequena filla Miranda.

A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirán entre monstros e espíritos. Doce anos despois, o azar fai que os traidores naveguen cerca da illa.

A obra comeza precisamente aquí, cando Próspero provoca unha tempestade que arrastrará ós seus enimigos á illa.

A maxia de Próspero obriga aos personaxes a unha autorrevelación.

Xénero: 
  • Teatro
  • Contemporáneo
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
2 horas
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6.65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 
  • Sábado 31 de xaneiro ás 20:00 horas

  • Público: Adulto

  • + Info: 981102897

Funcións: 
Sábado, 31 de Xaneiro de 2015 00:00