O concerto de Susana Seivane consta de temas do que será o seu novo disco "FA", xunto con temas habituais do seu repertorio, pezas tradicionais e de autor. Durante o espectáculo a gaiteira vai interaccionando co público e créase unha atmósfera moi cómplice que culmina nun fin de festa inesquecible.
Sábado 19 de Decembro - 20:00 h.