MÚSICA - XOEL LÓPEZ
"Sueños y Pan" . Palabras que pretenden abranguer moito con moi pouco. Para Xoel os soños engloban o que un trata de ser. Ideais, aventuras, arte e misterio. Umm... empezamos a voar. O pan, pola súa banda, representa o terreal. Os alimentos , o fogar, o cotián e o traballo. Necesidades que obrigan a aterrar. Iniciado o descenso. A madurez mitas veces consiste en alcanzar o segundo, deixando a un lado todo o primeiro sen nos dar de conta de tokdo. Pero en "Sueños y Pan" Xowl canta a todo o contrario. Reivindica o pan para poder soñar e construír esoutro espazo . El e todos os demais. Sempre tendo claro onde empeza todo. "E aínda que temo perderme en mundos raros, sempre deixo pedras para poder regresar ao teu carón" , di con certa fraxilidade en "Insomnio". Tintineo de quitarras. Un fraseo que sobe a Silvio Rodríguez nunha barca de soft pop dos setenta. E unha parte final de saxo e ruído branco. Queda unha cousa clara: o momento cume non está agora fóra de casa, atópase no fogar.
ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENDA DE ABONADOS ATA O DÍA 27 DE FEBREIRO.
+INFO 981 102 897
XOEL LÓPEZ