A SPIRITUAL TRIBUTE TO BB KING - THE CHICAGO MASS CHOIR

DATOS BÁSICOS

Martes 22 de Decembro - 20:30 h.

Esta agrupación foi fundada en 1988 por James C. Chambers na cidade de Chicago, centro neurálxico do blues, o jazz, o soul ou o gospel, así que non é de estrañar que The Chicago Mass Choir sexa unha das formacións máis relevantes do mundo no seu xénero.

Dende o seu inicios colaboraron, entre outros, con Bob Dylan ou a banda grega Onirama, así como no musical El color púrpura. As súas xiras europeas leváronos a países como Suíza, Croacia, Italia ou Alemaña.

No seu tour de 2015, os dezaoito compoñentes do grupo renden tributo a unha das estrelas do blues, B.B. King.

Estiveron no máis alto das listas Billboard, sendo merecedores de numerosos premios, entre os que se encontran os Stellar Award ao mellor Coro do Ano, Mellor CD de Gospel Tradicional e Mellor Canción por God is my everything no ano 2009. No seu haber poden computarse, ademais, varias nominacións aos Premios Grammy.

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6.65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Martes 22 de Decembro - 20:30 h.

  • Público: Todos os públicos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Martes, 22 de Decembro de 2015 20:30
Chicago Mass Choir 2013 H RES_baixa.jpg