TEATRO - CIRCO
Sopla! cabalga sobre un ritmo trepidante no que unha gran variedade de técnicas de circo mestúranse coa música en directo e o humor sen palabras máis fresco. Sopla! é un espectáculo coral que sitúa aos personaxes a maior parte do tempo en escena, dando pé a novas combinacións entre técnicas e artistas.
Para poñer en marcha a nosa festa inspirámonos inicialmente nos anos 20 do século XX, cando a pandemia da gripe española foi superada, pero cunha actualización contemporánea e unha chiscadela ao cómic. Sopla! é un espectáculo que conta cun impresionante despregamento de recursos escénicos e técnicas circenses: Música en directo, coreografías, bicicleta acrobática, multicordas aéreas, pelotas de rebote, diábolo, antipodismo, contorsión, portes, acrobáticos, equilibrios, manipulacións...
Dirección: Greta García y Daniel Foncubierta
Producción executiva: Gonzalo Andino
Intérpretes: Daniel Foncubierta (Infoncundibles / La Banda de Otro)
José Alberto Foncubierta (Infoncundibles / La Banda de Otro)
Rafael Díaz (La Banda de Otro)
Darío Dumont (LaNördika)
Rebeca Pérez (Rebe al Rebés)
Antonia González (Cía La Querida)
Marina Benites (Cía La Artrópodo / Chimichurri)
Posta en escena: Anna Jonsson
Música orixinal: Jasio Velasco y Daniel Foncubierta
Deseño de iluminación / Dirección técnica: Manuel Colchero e Ignacio Almarcha
Técnico en xira: Manuel Colchero
Vestiario: Gloria Trenado (Nantú)
Producción: Paula Gutiérrez y Marta González (Noletia / Truca Circus)
Construcións: Anna Jonsson, Javier Dastis, ijuggler.es, Ellaved Alcano, Antonia González, Rebeca Pér, Logotec e Javier Andino