SON

DATOS BÁSICOS

FUSION DE DANZA TRADICIONAL GALEGA, CONTEMPORÁNEA E FLAMENCO

O primeiro que se experimenta cando se crea é unha contundente sensación de "estar", de "facer" sendo. A mirada activa tamén é creativa; sente, proxecta, respira. Aquí atopámonos uns cos outros. Os que bailan, os que miran coa "abertura" do viaxeiro, os extremos de diferentes pólas que descobren ao inclinarse cara á terra que as sostén o tronco común e as infinitas raíces, que seguen medrando e cambiando, que fan que as pólas teñan que moverse pois aquelas segueno facendo e as pólas non poden quedar estáticas se queren conter vida. Vimos a atoparnos coa mesma obra, aquela que nos chama, que nos fixo transitar por uns camiños e non por outros, a cegas, como se a obra mesma quixera o seu momento, o seu lugar. E o artista déixase aberto, porque para el existen. Porque para el Son. (Marita Carmona)

Xénero: 
  • Danza
  • Contemporánea
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos)
Información da billeteira: 

Prezos:
ABONADOS:  6,65 €
PÚBLICO XERAL:  9,50 €
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 26 de Novembro de 2016 20:00
son.jpg