SOLITUDES

DATOS BÁSICOS

Unha historia que, a través do humor, profunda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia. O mesmo equipo creativo da premiada " André e Dorine" puxo en pé un novo traballo de teatro de máscaras que, sen unha soa palabra, resulta todo o contrario a inexpresivo.



O protagonista de Solitudes sente incomprendido porque, como case todos os anciáns para os que a súa vida é practicamente unha espera, xa só desexa cousas sinxelas. Cousas tan simples, que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián –contra o que podería esperarse de alguén cunha vida xa case sen alicientes- non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade.

Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para quen lle rodea. Unha viaxe por universos cotiáns que, combinando a gravidade co sorriso, conmove, sorprende e convida á reflexión.



PREMIO MAX ao MELLOR ESPECTÁCULO

PREMIO MAX  Á MELLOR COMPOSICIÓN MUSICAL

PREMIO MELLOR ESPECTÁCULO BE FESTIVAL BIRMINGHAM

PREMIO OLLO CRÍTICO RTVE

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 Hora 20 minutos
Prezos: 
Público xeral 14.00€ / Tarifa reducida 9.80€
Información da billeteira: 

*PREZOS:

TARIFA PÚBLICO XERAL 14€

TARIFA REDUCIDA 9.80€ - Abonad@s, desempregad@s, con Carné Xoven ou de estudante (ata 25 anos)

- Á venda de entradas a tarifa reducida farase únicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Funcións: 
Sábado, 21 de Novembro de 2020 20:00